expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

mércores, 31 de agosto de 2022

Planning da baraxa

Entrada anterior: Inicio Proxecto  |  Ola! Son Airu 🐾 

Robin Hood

Decidimos facer un xogo de cartas como proxecto principal, desa forma relacionaremos os debuxos e podemos gardalos en baraxas ordeadas. A idea é facer una historia con cada baraxa, neste caso Robin Hood, pero que todas estean relacionadas. Non vamos a contar cómo, é algo que imos ter que descubrir a medida que facemos cartas.

martes, 9 de agosto de 2022

Novo Proxecto

  |  Ola! Son Airu🐾 

Cartas

Cambiando o tema do blog, as autoras pensamos en empregalo para documentar a maneira de levar un proxecto. Nesta entrada falamos dos comezos dun proxecto, dunha plataforma onde ver o progreso e das nosas expectativas deste cambio. 

domingo, 20 de marzo de 2022

20 de marzo de 2022

Entrada anterior: link  |  Ola! Son Airu, traballei moito! 🐾 

Acabei os Estudos!!!


Bos días! veño a contarvos que o vernes, anteonte, acabei os estudos superiores en deseño gráfico e impresión dos que xa vos falara. ¡Por fin! Á verdade é que vou votar á xente en falta, pero tamén teño ganas de empezar outra cousa: as prácticas en empresa. Estou feita un flan, pero penso que sobrevivirei. Xa vos contarei. 

sábado, 5 de marzo de 2022

5 de marzo de 2022

  |  Ola! Son Airu, veño a mostrar os meus debuxos 🐾 

Sketches


Ultimamente estou neste gremio de Habitica onde fan debuxos todos os días, o xefe da un tema de unha palabra ou dúas e nós o que temos que facer é debuxar sobre ese tema, índa que vale calquera. A verdade é que me sinto un pouco sóa nese gremio, di que ten 5000 membros, pero no chat non se atopa ningún. Só o xefe e mais eu, que meto alí os meus debuxos merdentos de todos os días. Algúns quedaron francamente ben, por iso veño a deixalo aquí, os que teño até o momento.  

¿Atréveste a adiviñar o tema?

sábado, 29 de xaneiro de 2022

29 de enero de 2022

Entrada anterior: link  |  Ola! Son Airu, en qué estás a pensar? 🐾 

Design Thinking ou Pensamento do Diseñador

Como vedes no título, os diseñadores coma min pensamos algo distinto dos demáis. Non, non penso raro.

Poñamos por caso, que queremos facer galletas: unha persona X pensa de ónde vai a sacar a receta, e otra persoa, chamada Y, pensa nos gustos de toda a súa familia, que seguramente irán a coller unha galleta para probala. Mentres a persoa X navega por internet en busca da receta máis sinxela para facer galletas de calquera clase, a persoa Y buscará a receta que vaia gustar máis á maioría da familia, sexan mantequilla, nata ou chocolate, e logo dese tipo vai buscar a máis sinxela. Se pensas coma a segunda opción, noraboa, pensas coma un diseñador.