expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

martes, 9 de agosto de 2022

Novo Proxecto

  |  Ola! Son Airu🐾 

Cartas

Cambiando o tema do blog, as autoras pensamos en empregalo para documentar a maneira de levar un proxecto. Nesta entrada falamos dos comezos dun proxecto, dunha plataforma onde ver o progreso e das nosas expectativas deste cambio. 


Idea

O blog, se nos seguechedes até aquí, pasou por diversos cambios de estilo, e por aínda mais cambios de tema. Ó final, o blog está feito a modo de bitácora, e calquera cousa que fagas fora diso parece resistirse ós nosos intentos. O problema é que a nosa vida tampouco é tan interesante... según a quen preguntes. O caso é que agora vamolo usar para o que está feito: un diario do noso proxecto de deseño e lingüística.

Reflexaremos neste lugar todo o que faremos respecto a un proxecto que imos levar as duas autoras xuntas. Así que, unha vez que decidimos facer algo, a seguinte pregunta é:

¿Qué facemos?

As primeiras ideas foron no entorno empresarial. Un plan de empresa ou algo así, que teña tanto deseño como lingüística. Ademáis queriamos que tivera que ver cos nosos hobbies ou pasatempos, como a leitura ou a pintura. 

  • Editorial 
Esta prometia porque as editoriais encarganse das portadas, das sinopsis, corrección e maquetación do texto, etc. Pero non dabamos con nada orixinal que puidera distinguirnos do resto. 

  • Historia interactiva 
Neste xuntabamos a parte dos hobbies pero a linguistica non tiña moito que ver e ademais tiñamos que facer unha historia moi moi distinta para distinguirnos doutras, ademais de non saber nin pinga de interacción.

  • Xogo de cartas
Esta é a idea que mais se asentou basicamente por ser realizable, podemos deseñarlas, facer unhas regras para xogar e imprimilas, nengun problema. A parte de linguistica iria para a historia de detrás e a traduccion noutros idiomas. 

En canto ó inicio do proxecto, decidimos empregar Notion para facer as notas e demais e o blog a modo de exponer e gardar progreso, ademais de por a documentacion e falar en xeral dos proxectos de creatividad que facemos cada dous por tres e que tentaremos relacionar con este gran proxecto empresarial ficticio.

Regras

× Escribir o blog en galego
× Facer calendario de publicacions
× Publicar actas de reunións e decisións, en xeral a parte non pública de levar un proxecto (por exemplo, estes incios vagos e indecisos) 

Espero que vaia ben. Todo vai sair ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario