expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

domingo, 20 de marzo de 2022

20 de marzo de 2022

Entrada anterior: link  |  Ola! Son Airu, traballei moito! 🐾 

Acabei os Estudos!!!


Bos días! veño a contarvos que o vernes, anteonte, acabei os estudos superiores en deseño gráfico e impresión dos que xa vos falara. ¡Por fin! Á verdade é que vou votar á xente en falta, pero tamén teño ganas de empezar outra cousa: as prácticas en empresa. Estou feita un flan, pero penso que sobrevivirei. Xa vos contarei. 


Hoxe quero compartir con vos algúns dos meus traballos para clase, sei que son do instituto, pero coma tamén son meus supoño que os podo publicar aquí libremente? Vou comprobalo. Comprobado!
Así que vou deixalos aquí en formato PDF para que os podades ver. Algúns son moi interesantes índa que pode que vexades algúns erros ortográficos ou de maquetación. Non vos pasedes eh, que esforceime moito nos traballos. 

E ademáis quero falarvos do último proxecto que estou tentando facer. Trátase coma da continuación dun dos traballos de Postimpresión, un stand de feria para amosar a miña empresa dixital (todo ficticio, claro). A idea é facer coma unha maqueta, unha boa e ben feita, que a vexan e digan caray que chulo, para levar á presentación de proxecto e así. Porque todos van levar papelería, pins, chapas e folletos, pero ¿quén vai levar unha maqueta de stand para a empresa? Eu. Esa é a idea, claro, pero se non queda ben vou levar folleto coma todo fillo de vecino. 

Composicion stand de feria emprendemento empresa mostrador asiento decoración cartón digital
Así que, o stand levará un mostrador e un asento, en cartón. Tamén vou levar un chan e unha parede, por así dicilo, en cartón. Aínda non sei cómo o vou decorar, porque terá que levar o nome da marca, e non o vou pintar a man. Supoño que terei que facer unhas pegatinas no plotter de corte... a ver se me deixan. Se non fago unhas ben grandes co branco de fondo e punto. E na decoración pensaba facer un cabalo, destes de corte láser que se poden encontrar en internet, porque xa a tiña feito para un dos traballos, pero e que non ten nada que ver coa empresa. Entón, vou intentar facer un homiño lendo.


Homiño lendo escultura pasta modelar libro lectura sentado lector
Agora este é o homiño que quero facer con pasta de modelar, e non teño idea de cómo vou facer as plantillas, porque non sei ningunha medida. Teño un pdf con medidas antropométricas, supoño que sacarei de alí os datos, porque non o quero facer tan pequeno, senón grande coma se fora de verdade, índa que ó facer todo o stand a escala pois vai quedar pequeno claro: 


Como vos dixen máis arriba, estes son os traballos en PDF: 





Ningún comentario:

Publicar un comentario