expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

mércores, 31 de agosto de 2022

Planning da baraxa

Entrada anterior: Inicio Proxecto  |  Ola! Son Airu 🐾 

Robin Hood

Decidimos facer un xogo de cartas como proxecto principal, desa forma relacionaremos os debuxos e podemos gardalos en baraxas ordeadas. A idea é facer una historia con cada baraxa, neste caso Robin Hood, pero que todas estean relacionadas. Non vamos a contar cómo, é algo que imos ter que descubrir a medida que facemos cartas.

Vou facer un pouco de espóiler agora, para os que non saben de qué vai a historia de Robin Hood, o tema principal da baraxa que vou facer a continuación. Se xa coñecedes a historia podedes saltarvos este párrafo. 

Robin Hood era un noble de clase alta que non estaba de acordo cos impostos abusivos que impoñían ós aldeanos, e en vez de facerse político, fíxose ladrón. Non se quedaba co diñeiro, dábao ós aldeanos, pero pronto o descubriron e foi un ladrón de verdade, quedándose cunha parte para vivir no bosque. Hai moitas versións da historia de Robin Hood loitando contra os impostos e fuxindo do sherif de Nottingham e o príncipe Juan, quen ademáis quería casar coa súa namorada. A historia vai cambiar un pouco no xogo de cartas, a ver se descubrides cómo. Persoalmente, e sei que non son a única, o malo nesta historia non estaba moi claro, o sherif e o príncipe parecían confabulados contra Robin, o cal tamén tiña a súa parte de culpa, ninguén pode dicir que roubar estivera ben. 

Aviso: fin de spoiler.

A idea do xogo de cartas é facer dez ou doce debuxos cunha historia debaixo e logo ordealas, coma no solitario. Nesta entrada de proxecto só vou facer un planning inicial para empezar cos debuxos.

  • CARTA 1. Introducción da historia de Robin Hood. Penso que para esta carta é mellor un escenario, un que mostre un bosque, unha catedral ou algo que identifique a zoa e o tempo da historia.
  • CARTA 2. O heroe, Robin Hood. Aquí vou por a introducción do personaxe, é dicir, un tipiño noble algo peculiar.
  • CARTA 3. O problema. Creo que aquí farei algo con diñeiro, como un noble con moito e un pobre sen nada, ou un cofre para recoller impostos. 
  • CARTA 4. Aquí farei de novo a Robin Hood, pero esta vez de ladrón
  • CARTA 5.  A namorada de Robin e do príncipe, tal vez a típica escena nun balcón. 
  • CARTA 6. O sheriff. Non teño claro como será, pero hai que introducilo.
  • CARTA 7. Unha escena de compañeiros de armas, é dicir, os personaxes secundarios, no bosque ou na igrexa, quero mostrarvos que Robin Hood non fixo todo sólo.
  • CARTA 8. O pobo, unha revolta ou tal vez unha execución, as consecuencias dos actos de Robin.
  • CARTA 9. Aquí quero facer unha trastada, en todas as historias pintan as accións do foraxido como travesuras e chiquilladas, índa non sei o qué, pero será unha tontería.
  • CARTA 10. A cárcel. Sinto contarvos esto, pero ó final capturaron a Robin Hood. Penso que non o executaron, porque ó fin de contas era un noble, pero algo fixeron con él. 
  • FIN. Nesta vou falarvos do narrador, dar unha conclusión á baraxa.

A verdade é que non teño moito tempo para debuxar e escribir agora, polo que en canto ó calendario de salída vou poñerme 1 carta cada dúas semanas, os mércores ás 12.00 (é dicir, dúas cartas por mes), e xa me parece moita presa. Pero non empezo a contar até que teña o marco e as referencias dos debuxos todas listas, se non si que non me da para facelo en dúas semanas. 

En canto a este marco para os debuxos, canto máis simple mellor, porque se non vai chocar moito cos debuxos. Esta é a miña idea inicial. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario