expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

domingo, 23 de xaneiro de 2022

23 de enero de 2022

  |  Ola! Son Airu, queredes unha cookie? Teño moitas 🐾 

Cursos Online de Google

Hoxe veño a contarvos sobre estes cursos pequeniños que fixen fai pouco. Resulta que na materia de Emprendemento recomendáronme unha páxina chamada Google Actívate na que había cursos pequenos de dúas horas y cursos algo máis longos de cuarenta. Algúns son de pago, pero moitos non. E aquí estou, fixen un par, un cortiño e outro longo. 


Efecto_Propio-logotipo-google-activate

Non están mal, índa que hai de todo. Chamoume a atención que nun dicián ¿É este curso para ti? e eu pensando: ¿qué? ¿vaste por esquisito agora? Ó prinicipio entrei porque a miña profesora díxome que eran unha liña máis que pór no currículum, mais non creo que siga facendo cursos por iso. Ó final son moi pequenos e non son máis que introductorios, non che fan ningún experto. Pero sí que, se eu fose a contratar a alguén, gustaríame ver que non estivo parado nunca, e estes cursos pois son unha boa forma de mostrar iso, que interésanme moitas cousas e non paro. A cabeciña esta, que lle vou facer. 

Efecto_Propio_comercio-electronico-google-activate

Eu fixen o de comercio electrónico e agora o primeiro de HTML. O de comercio pareceume interesante, mencionaba cousas que non me sonaban pero tiñan moito sentidiño, índa que pensei que ese curso podía facerse moito máis práctico, sabedes? Como montar un pequeno comercio electrónico e ver a evolución do mesmo no que dure o curso, e facer todas esas estratexias e demáis. En xeral contáronme moitos conceptos teóricos, como o de B2B ou as cookies. Resulta que non son para comer. ¿Non o sabíades? Galletas que non se comen. Xa estaban inventadas eh, eu mesma fixen unhas esta semana que case fastidian o forno, deixei as fiestras abertas durante unha hora para botar todo o fume fora. E tampouco se podían comer. 
En definitiva o cursillo este estivo moi ben, ademáis eu estou facendo un comercio electrónico para o FCT polo que a mín xa me sirveu, cando vaia a expoñelo e diga "Formeime neste tema e esta é a miña certificación" verán que me movín máis aló do que di o libro e estou segura que iso vailles caer ben.
E o de HTML recén o empecei, parece tamén moi introductorio, xa vos contarei. Esperemos que pronto.
Saudiños!



Ningún comentario:

Publicar un comentario