expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

sábado, 29 de xaneiro de 2022

29 de enero de 2022

Entrada anterior: link  |  Ola! Son Airu, en qué estás a pensar? 🐾 

Design Thinking ou Pensamento do Diseñador

Como vedes no título, os diseñadores coma min pensamos algo distinto dos demáis. Non, non penso raro.

Poñamos por caso, que queremos facer galletas: unha persona X pensa de ónde vai a sacar a receta, e otra persoa, chamada Y, pensa nos gustos de toda a súa familia, que seguramente irán a coller unha galleta para probala. Mentres a persoa X navega por internet en busca da receta máis sinxela para facer galletas de calquera clase, a persoa Y buscará a receta que vaia gustar máis á maioría da familia, sexan mantequilla, nata ou chocolate, e logo dese tipo vai buscar a máis sinxela. Se pensas coma a segunda opción, noraboa, pensas coma un diseñador. 


Eu atopei esta web chamada Design Thinking e índa estiven falando do tema esta misma semana con xente do meu entorno persoal e profesional. Non é que os diseñadores pensemos tan distinto dos demáis, é que tendemos a pensar no usuario final, o que vai comprar/utilizar o producto, receta, etc. Eu non o entendía ó principio, porque é básico, se ti non o vas a usar, ¿para qué vou fixarme nos teus gustos? Verdade? Pois non é unha conclusión tan lóxica como pode parecer.

En fin, nesta web que vos dixen cóntavos un pouco da historia, cómo empezou, quén a utiliza e para qué. A min interésame sobre todo a parte das  técnicas. Son coma ligazóns onde che din o qué cada cousa que podes usar para pensar coma os diseñadores. Non están todas dispoñíbeis, é coma un curso e claro os contenidos non pode acceder gratis todos. Pero o nome está ahí e podes buscalo logo en internet para saber máis cousas. A mín sorprendeume a cantidade, pero o que máis me sorprendeu é que moitas desas cousas realmente as uso, algunas non tan refinadamente, por así dicilo, pero sí que fago mapas e esquemas, penso nesto e aquelo, así que supoño que eu sí que penso como diseñadora, até certo punto. Tamén pareceume moi similar ó plan de empresa que estou facendo para Emprendemento, aplicado a outras cousas, pero moitos procesos son similares.
 
E tras esta reflexión tan espeluznante sobre xente urgando no meu cerebro, vamos ó importante: estou revisando os meus plans. Vou tentar facer debuxiños, índa que sexan pequenos, máis a miúdo. Non vou mentir e dicir que será a diario, porque todos sabemos que iso non o podo facer. Estou pensando e coller os do Inktober, estes que vou poñer ó final para que os vexades (piden a gritos retocalos), e facelos máis xeitiños. Xa vos contarei.







Ningún comentario:

Publicar un comentario