expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

xoves, 20 de xaneiro de 2022

Coidado persoal

 |  Ola! Son Airu, veño a contarvos un conto 🐾 

Coidado persoal

A miúdo a frase “coidado persoal” asóciase con cremitas e pintauñas. Pero isto non abarca todo o seu significado. Agora mesmo, coa pandemia cambiando as nosas vidas tan drásticamente e por tanto tempo, é fundamental coidar a nosa mente tanto coma o noso corpo. 




Hoxe quero falar do que eu considero importante facer diariamente para non volvernos todos locos encerrados na casa. Quero falar de saúde mental. En inglés, isto coñécese como “mindfulness”, e se sabedes o idioma podedes consultar máis sobre o tema en www.mindful.org

Unha mañán normal, pre-covid, o que facía todo o mundo era despertarse á mesma hora, desayunar, vestirse, coller o coche/autobús/tren, saúdar aos compañeiros de traballo e traballar ata a hora da comida. Aínda que moitos teletraballan, estar na casa non equivale a estar máis cómodo. Xa non temos rutina. Como estamos na casa ás veces non desayunamos, ou seguimos en pixama todo o día. Pode ser que non nos levantemos do sofá en toda a mañán máis que para facer a comida. Isto non é sano.

Nesta entrada vou poñer o que se recomenda facer para ter boa saúde mental. Tamén é o que trato de facer eu, máis non sempre cumpro cos meus plans. A pereza é unha das miñas máis grandes debilidades, pero non me rindo!

1. Horario, exercicio e aire puro
Para min é importante levantarme á mesma hora de sempre, para ter un horario relativamente constante e diferenciar entre o tempo de traballo e o tempo libre. Axúdame a organizarme mellor. Cómpre saír a dar un paseo, ou simplemente sentarnos no alféizar da fiestra a tomar un pouco de sol. Hai que facer calquera tipo de exercicio físico e tomar o aire. Estar encerrados pode dar unha sensación de aislamento, de que non importa o que fagas todo o día todos os días que non repercutirá no mundo exterior. Pero sí que o fai, e repercute en ti mesmo, nos teus sentimentos e no teu benestar, físico e mental. 

2. Descanso, alimento e auga
Son as necesidades básicas de calquera animal, pero ás veces esquecemos que o noso corpo necesita esa constante diaria, saciar a fame e a sed, especialmente despois de durmir, ou de non durmir. É importante desayunar, e non mentres traballamos, senón acompañados daqueles con quen convivimos. Tamén hai que decidir unha hora, uns minutiños, para descansar da pantalla do ordenador. Descansar e alimentarse subirá a túa enerxía e reducirá a pereza. Podes aproveitar eses minutos para beber algo, como un café ou un té. Hidrátarme manténme centrada na tarefa que estou a facer

3. Contacto e plans
O ser humano é un animal sociable e necesitamos o contacto, tanto físico coma psicolóxico. Un bo abrazo, unhas palabras de ánimo, ou simplemente un sorriso de simpatía era o que moita xente intercambiaba cos colegas no traballo. Agora que moitos non podemos saír, hai que aproveitar os descansos para poñerse en contacto con algén, aínda que sexa a través dunha pantalla de ordenador. Tamén podes chamar ou mandar unha mensaxe a algún amigo para non perde-lo contacto con aquelas persoas que te importan. Pregúntalle polo seu día, pola súa familia e tamén polas noticias, como farías nunha mañán normal. SocializaE finalmente, para ser productivos, a min gústame fixar uns obxectivos, tanto semanais como diarios. Os diarios son mais ben tarefas, como poñer a roupa a secar, ou facer un primer borrador dun traballo. Os semanais son para sentir o progreso ao final da semana. Para que isto non se faga repetitivo, é mellor cambiar o que fas cada semana. A lo menos iso intento facer, mais xa vos digo que non sempre me sae ben.

Espero que ler esto che faga pensar na túa rutina e se estás aproveitando tanto como queres ese tempiño na casa. 

A foto é de Anthony Tran, @anthonytran, dispoñible en Unsplash.




Ningún comentario:

Publicar un comentario