expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

venres, 17 de decembro de 2021

17 de Decembro de 2021

Boas noites, hoxe veño cun conto pequeno e rariño, que quero extender no futuro. Tamén teño unha postal navideña que trouxen para que a veades, feita en pastel, en cartolina negra, de 11,5 x 17 cm e un agujeriño no medio. A ver qué vos parece. 



Noiteboa 

A noite antes de Navidade, a máis máxica do ano. Non sabemos por qué razón a chamaban boa cando en realidad é tan peligrosa. Un ladrón tiña a fea costume de entrar, só unha noite ó ano, en casas axeas. Só tiña que abrir unha fiestra, o unha porta, e buscar a ben iluminada árbore baixo a que deixaron diñeiro, xoias, tecnoloxía, etc. Prácticamente era un letreiro que dicía: RÓUBAME. E non creas que ó menos deixaba os xoguetes para os nenos, porque non era así. Só deixaba os grandes porque eran demasiado díficiles de levar, e as cousas valiosas a miúdo estaban en caixas pequenas. 

Unha noite, cando entrou nunha bonita mansión o día antes a Navidade, encontrouse cunha nena semidesperta. En pixama e armada cun tigre de peluxe, o ladrón non lle fixo nin caso, sorteuna con habilidade e seguiu ó seu. 

-¿Ves a esperar a Santa Claus? -preguntoulle a nena, arrimándose a un ladiño do sofá para deixarlle espazo. 

-Non, nena. Quédate alí queta e non fagas ruido -espetoulle o ladrón.

-Xa o sei -dixo moi sabionda a nena- Se fago ruido os meus papás despertarán e non me deixarán ver a Santa. 

O ladrón buscaba os regalos, pero non había nin un. Nada baixo a árbore, a chimenea baleira, só mantas á vista. Unha familia moi rara se non puñan regalos baixo a árbore de Navidade. Mentres rebuscaba, escoitou un rudio e unha figura corpulenta entrou á sala de estar en vermello e blanco. 

-Santa!! -saltou a nena, pegándolle un susto de morte ó ladrón. O intruso levaba un saco. 

-Supoño que eres o pai -dixo o ladrón , sacando a navalla. A necesitaba para abrir os paquetes, nunca a empregara contra alguén, pero estaba nunha situación comprometida.

-Ven aquí, querida - dixo "Santa" á nena, cubríndoa co seu corpo.

-Papá! -chamou a nena.

-Creo que ese saco é meu -dixo o ladrón extendendo a man.

O intruso o deixou no chan, vaciouno diante súa e, para o asombro do ladrón, meteu á nena dentro. Unha carreira señalou a unha parella ben entrada en anos aparecendo na porta do salón. O home colleu un bate e apuntou, ignorando ao Santa. O ladrón levantou as mans e soltou a navalla, totalmente confundido. 

-O pai? -preguntoulle ao home.

-Qué fixeches coa miña filla? -berrou o home, golpeándolle co bate.

O primer golpe foi brutal, pero as patadas no chan foron as que romperon as costelas, estaba case seguro. Consiguiu ver ó Santa rodear á muller e largarse pola porta, coa nena no saco. Os golpes seguiron até que perdeu a conciencia. 

Ó día seguinte o ladrón estaba detido, contando descabelados contos sobre un Santa Claus malvado. Foi encerrado por secostro da nena durante quince anos. Cumplida a condena, e nada máis saír da cárcere, apareceu unha xoven contándolle  que o Santa salvouna do seu pai abusivo e a deixou cunha boa familia aquela mesma noite. Cando marchou, deixou atrás un traxe de Santa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario