expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

domingo, 7 de novembro de 2021

7 de novembro de 2021

Tarta de limón e nata!

Bós días! hoxe veño a falarvos da tarta que índa non rematei. Sé que soa raro, pero está riquísima. 

Veredes, todo empezou cando volvín de Holanda, a profesora de alí mandounos unha receta dunha tarta de limón fría que fixen pero non tivo moito éxito, porque sabía demasiado a limón. Incoherencias que só ocorren na miña casa, que lle vamos a facer.

Así que busquei outra e encontrei esta, que básicamente é a mesma pero dada a volta. A anterior tiña unha capa moi grande de limón en crema e moita nata montada por riba. Pois esta ten moita nata montada no medio e unha capa súper finiña de crema de limón. Ambas tartas con a base de galletas con mantequilla. 


Atopeina aquí Tarta de limón e nata e que non vos de medo o de montar a nata, porque se tes o robot só hai que deixalo facer o traballo por cinco ou dez minutos, e se queres darlle voltas ao cacharro. 

A cousa de que non está rematada é porque onte comímonos unhs trozos na cea, pero non lle votara todavía a capa fina de enriba de todo. Así que só comimos o do medio e a galleta. ¡Pero foi un éxito!

Básicamente o que hai que facer é:

Paso 1. Machacar as galletas e mezclalas con mantequilla derretida. Logo botas todo no molde e cobres a base con esa capa

Paso 2. Nun vaso con moita auga botas as follas de xelatina e esperas a que se hidraten, mentres partes o limón e sácaslle a pel e o zumo. Logo calentas o zumo e escurres a xelatina, botándoa no zumo quente. Removes ben até que esté integrado. 

Paso 3. Nun bol vertes a leite condensada e o zumo con xelatina e removes até que integre ben. Logo montas a nata no aparato, velocidade como 3, 5 minutos, e xuntas todo con movimientos lentos e envolventes (a mano claro)

Paso 4. Botas todo no molde por enriba das galletas e deixas a parte máis superior o máis plana posible. Logo deixas enfriar polo menos 4 horas

Paso 5. (o que índa non fixen) Nun cazo quentas máis zumo de limón, a cáscara ou pel, azúcre, mantequilla, o ovo e maila yema, xunto con unha folla de xelatina. Logo verteo no molde enriba de todo e esperas como media hora na neveira. 

¡Listo! Espero que vos guste!

Para facela, precisas:

      • 16 - 20 Galletas

      • 80 g. de Mantequilla
      • 400 g. de Nata para Montar
      • 400 g. de leche Condensada
      • 80 ml. de Zumo de Limón
      • 6 Hojas de Gelatina
      • 1 huevo y 1 Yema
      • 115 g. de Azúcar
      • 80 ml. de Zumo de Limón
      • Piel de Limón
      • 1 Hoja de Gelatina
Notas: montar a nata SEN AZÚCRE porque a leite condensada xa ten moito. A pel rallada do limón mellor pequena, procurar que se disolva. E botarlle bastante mantequilla para que a base non se desfaiga, que é importante. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario