expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

venres, 5 de novembro de 2021

5 de novembro de 2021

Desafíos!

Boas noites! Hoxe non fixen gran cousa, dediqueime a pensar o que faría coa única xema que me deron no equipo de Habitica, ¿recordades? DruKnights. Déronme unha por ser boa maga, usando os feitizos cando había misión. Jejejeje En fin, agora que teño unha quero USALA. E estiven toda a tarde pensando en qué facer con ela, polo que fixen un montón de desafíos diferentes, inda que ao final prepareinos todos, só un coa xema, interno do equipo, para devolvela, de algún xeito.

Foron tres desafíos: Crear una lista de lectura, Aprender 15 palabras nuevas (en otro idioma) y Haz algo distinto. Explico todo agora, dádeme un momentín.

DESAFÍO 1. Facer algo distinto. Remata o 5 de decembro.

Existen métodos para mellorar a creatividade, e un deles é este. Consiste en cambiar a túa rutina só unha vez, ou un par, non é un cambio permanente. A idea é sacar a túa mente de facer o de sempre. Por exemplo: sempre me levanto polo lado esquerdo da cama. Pois por un par de días, tenta facelo polo dereito. Trátase de de decisións que non deberían afectar en nada á rutina habitual, pero que o cerebro interpreta como algo novo. Isto fai que cando enfrentes un dilema, non sigas por onde vas habitualmente, como: acabáronseme os cereais, e agora? paso fame? e en vez de resignarte, colles unha mazá ese día. Quen sabe? igual gústache máis desayunar mazá.

Pero coidado: se normalmente fas exercicio pola mañá, non che digo que non o fagas. Son máis ben cousas pequenas, e sempre para mellor, non para peor. En vez de sentadillas fai abdominales e listo.

  • Hábito = Progreso.

Isto é para ver o teu progreso máis aló do desafío, debes marcar este hábito cando fagas algo distinto que non sexa unha das tarefas seguintes

texto texto texto

  • Tarefa 1 = Escolle unha ruta diferente.

Cando saias a andar, vaias a clase ou calquera camiño polo que normalmente vaias, cámbiao. No seguinte cruce, en vez de dereita, ve a esquerda. Quén sabe onde acabarás?

  • Tarefa 2 = Fai unha actividade distinta.

Calquera cousa, se normalmente ves a tele, lee un libro.

  • Tarefa 3 = Di que sí a algo que normalmente sería un non.

Non me refero a cousas que non queres facer, só se trata de saír da zoa de confort. Se che piden comida para levar, cando normalmente comes alí, lévaa. Se che piden un boli e cres que o perderán, non llo des. Dicir que non cando normalmente é si tamén funciona. Pode que mellor xD

  • Tarefa 4 = visita un sitio novo.

Hay moito que ver nun mismo lugar. Non tes que saír da ciudade, seguramente pasaches pola misma rúa mil veces de camiño ao traballo, pero á do lado nunca foches.

  • Tarefa 5 = Tira algo que realmente non precisas.

Mira no teu bolso ou mochila. Todo o de alí dentro é necesario? Por qué cargas con todo iso cando realmente non necesitas levalo? Recordas a última vez que entraches no trasteiro ou que abriches o último caixón do armario?

DESAFÍO 2. Aprende 15 palabras nova (noutro idioma). Remata o 25 de novembro.

Este desafío foi para un gremio no que aprenden español, eu faríano en francés ou en inglés, eu que sei. Neste propoño aprender unha palabra nova ó día, ou dous, o número co que esté máis cómoda sobre vocabulario específico. Por exemplo: Día 1, Tema comida Pois penso nalgunha comida que non sepa mencionar noutro idioma e a busco. Pódese poñer na tarea misma, ou publicala no chat do gremio xunto con unha frase. Por exemplo: día un, hoxe na cafetaría do instituto había ensalada no menú. Ou algo máis complexo, o límite o pon un.

No premio como non me quedaban xemas, ofrecín un archivo con unha palabra ou frase da súa elección, como isto

milpalabras

É unha imaxe de @rosana_cabal. Nota = non teñen que ser obligatoriamente sustantivos. Valen verbos Hornear adxetivos Delicioso ou adverbios *Hoxe comín moitísimo

  • Hábitos = pensar en novas palabras co tema do día

  • Tarea diaria = aprender unha palabra nova (ou varias)

  • Tarea = anota ao lado do tema a palabra nova que aprendiches

  • Día 1 Tema Comida

  • Día 2 Tema Roupa

  • Día 3 Tema Sentimento

  • Día 4 Tema Traballo

  • Día 5 Tema Transporte

  • Día 6 Tema Astronomía

  • Día 7 Tema Vacacións

  • Día 8 Tema Clases

  • Día 9 Tema Tecnoloxía

  • Día 10 Tema Películas

  • Día 11 Tema Botánica

  • Día 12 Tema Deporte

  • Día 13 Tema Medicina

  • Día 14 Tema Futuro

  • Día 15 Tema Hábitos

DESAFÍO 3. Fai unha lista de lectura. Remata o 5 de decembro

Neste propoño organizar a nosa lista de lectura, eu particularmente non teño unha, así que cando acabo un libro paso por todo o proceso de buscar recomendacións, buscar onde compralo e encargalo, se é dixital pasalo ao formato correcto e metelo no ebook. Así é como paso un mes sen ler, esperando por o meu libro. Cando é bo dúrame un día e de volta ao proceso.

É por iso que propoño este reto. Como volvo a non ter xemas, ofrecín de premio un marcapáxinas coa lista gañadora nela, así pódese imprimir e non perder. Algo como isto:

marcapaginas

A imaxe non é miña, saqueina de pinterest, e o deseño claro que non o copiarei, pero esa é a idea. Dentro dos libros irían os seus títutlos, ou algo similar.

  • Hábitos = Anota un libro que chamara a túa atención na lista

  • Tarea diaria = Busca libros

En internet ou pregunta a outros por libros interesantes para ti

  • Tareas = Fai unha lista de lectura

Anotando o título e o autor, e se podes, onde encontralo. Esta tarefa imos marcala cando empezáramos a lista con polo menos cinco títulos (ou máis), logo podemos gardala para facer o marcapáxinas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario