expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

xoves, 4 de novembro de 2021

4 de novembro de 2021

Boas! seino, seino, desaparecín de novo. Pero volvín bastante pronto, tenden en conta que a última vez que desaparecín foi por case un ano... E que non fixen gran cousa. Estudiei, fixen dous exames, traballei moito no Plan de empresa de Emprendemento e fun de vacacións o último fin de semana. Sei que non queredes saber sobre as miñas vacacións porque dareivos envexa, pero iso é o máis divertido jeje
Visitei O Porto, en Portugal. Camiñei demasiado, e iso que parábamos case cada dúas horas a descansar e comer algo. Fun no teleférico, que a verdade estivo moi ben, sobretodo para os meus pes, pero tamén collimos este folleto coa nosa foto no interior da cabina, e no folleto veñen imaxes moi chulas e dúas postais tamén. É posíbel que tente debuxar alguna, porque son ben feitas. Tamén quero falarvos do Museu do Vitral, que índa que foi a visita máis rápida, gustóme un montón. 




No Museu puxéronnos un vídeo sobre cómo se facían os vitrais, resulta que é un proceso moi moi artesanal. Se non recordo mal, vou tentar poñelo en pasos: 

1 🔶 Facer o deseño = no vídeo salía un boceto, bastante técnico, con lápiz sobre papel, supoño que de calco porque logo van a calcalo na superficie de base. Neste boceto xa teñen as cores que van a empregar e as partes onde hai que unir cristais mediante líñas máis anchas.

2 🔷 Seleccionar os cristais = importantísimo as cores e superficies dos cristais que logo cortan. Parecen bastante fráxiles, índa que as parten en trozos pequenos con leves golpes dun martelo. 

3 🔶 Unir = penso que empregaban alquitrán (ou pode que fora plomo) para unir todos os trozos, mais antes diso frotaban unhas pezas con outras polos bordes para alisalos, porque ao partilos quedan moitos picos.

4 🔷 En algúns vitrais en vez de unir diferentes cristais, o que fan e pintar sobre algúns cristais, sobre todo en caras ou cousas con moito detalle.

¿Qué vos parede? A ver si probo a facer un. NON, non tal cual, porque eu seguro que me corto con tanto cristal, pero podo pintar sobre un. Pintar podo. ¿Ou non? Xa vos contarei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario