expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

domingo, 24 de outubro de 2021

24 de outubro de 2021

 Bós días!! Sabedes esa sensación cando te levantas da cama e tes frío? e sabes, índa sin ver o día que fai, que non vas saír da casa? Teño ese día. 

Onte despois de escribir a entrada púxenme a debuxar para pórme ó día co Inktober. Déixovos aquí os novos:



Como podedes ver, todos están feitos na tablet, e a toda cor. Cando teña tempo e ganas vou melloralos, mais de momento quedaran así. As historias que van con eles de Airu quedaron no punto 11 SOUR, polo que teño que seguir poñendome ao día, con outras 11 historias. Case nada. 

Teño que ver cómo enlazar as imaxes do blog co pinterest, de modo que ao clickar sobre elas lévenvos ao tableiro que estou facendo sobre o tema. Tal vez en Decembro, cando estea más lixeira cos proxectos... Non prometo nada. 

Veremos se escribo mañá. Adeus!


Ningún comentario:

Publicar un comentario