expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

sábado, 23 de outubro de 2021

23 de outubro de 2021

 Boas xente, veño a poñer novas no blog. Ía publicar algo onte, pero cando rematei de escribila entrada dinme conta que era máis bronca que outra cousa, e non volo merecedes. É que vin un post no instagram sobre un tipiño falando galego a xente dicíndolle que falara castelán, que o galego estaba mal, e case póñome a maldicir xente. Así que vouno deixar nunha liña bastante simple e apartar o tema para o futuro: EU FALO NO QUE ME PETA. ¿Estamos claros? Ben. 

Hoxe fixen o meu primer pixelart. Como di a palabra, trátase de un debuxo con píxeles, e a miúdo con pouquiñas cores, de modo que o arquivo final é moi pequeno. Este fíxeno para o equipo no que estou en Habitica, unha plataforma de hábitos basada na comunicación con outra xente e unha lista de tareas. A min gústanme sobre todo os desafíos, aínda que non gañei ningún, son divertidos. 


O equipo chámase DruKnights, de ahí o nome sobre o trofeo. Baixo este hai un cadro de texto  no que van poñer "ao mellor sanador" ou algo así, polo que teño entendido. Segundo sea necesario ese texto poderá cambiarse. A imaxe a fixen en Pixilart, e agora teño unha conta. Unha conta baleira, pero eina de chear, non vos preocupedes. ¿A que mola? A páxina é bastante chula, creo que eina decorar bastante, cando aprenda a usala. 

Noutra liña, teño que pórme as pilas co INKTOBER!! non fixen nada, creo que o deixen no punto 15 ou algo así. A ver si vos falo sobre o tema pronto. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario