expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

domingo, 14 de novembro de 2021

14 de Novembro de 2021

Libros 

Boas! estou cansada de estudar, ultimamente non teño tempo de nada máis, e por suposto que o Inktober non o rematei. Pero ei tratar hoxe, que teño a tablet dispoñíbel... xa veremos. Mentres, a ver si son capaz de facer algúns relatiños para Airu. Logo penso que vou comezar a subir os contos que teño por aquí soltos, inda que ei de bótarlles un ollo primeiro, porque non creo que todos teñan unha pisca de sentidiño. 

A entrada de hoxe trata sobre libros! non o sabedes aínda, pero eu son unha devoradora, ou o era. Nos meus anos mozos... Así que quero contarvos os que máis me gustaron, dos que recordo claro. 

UNA MALDICIÓN OSCURA Y PELIGROSA. De Brigid Kemmerer. Trata dun monstro encerrado nun castelo que busca noiva, por así dicilo. Está ambientado coma unha versión de La Bella y La Bestia, pero en canto empeces a ler xa verás que non é a típica damisela en apuros. É secuestrada do seu mundo até o castelo embruxado, e o primeiro que fai é atacar ós seus secuestradores. Eu son fan súa, de verdade. Ademáis case non toca o tema do amor, ambolos dous protagonista ingnóranse bastante, excepto algunha que outra miradiña... Non vos contarei máis, léedelo. 


A DEADLY EDUCATION. De Naomi Novik. A verdade é que levo un par de esta autora e estou fascinada. Este trata de unha escola de maxia tipo Harry Potter, pero onde Howarts é todo maxia asombrosa e bonitiña, a escola de Novik é todo terror. Os monstruos cólanse na escola para comerse aós estudantes e todos teñen que defenser pola súa conta porque non hai profesores, as tarefas e exames os pon a propia escola, como un ente con pensamentos. A prota ten unha maxia moi peligrosa pero non apunta ben, por así dicilo. Cando fai maxia, tende a afectar a moitas persoas, en vez de á única á ía dirixida, e cómo ela non quere ser mala, esfórzase por facelo todo sen maxia case, para non matar a ningén sen querer. Xa veredes, resulta que a escola tamén sabe o poderosa que é, e ponlle trabas a posta... Apurádeos e léedelo!


FLOR DE HIERRO. De Laurie Forest. Este non o recomendo para aqueles que se meten demasiado na historia, porque, índa que non o dice, o asunto é bastante racista. A prota ó principio é das racistas até que se da conta e ódiase a sí mesma, e por axudalos de algunha forma vólvese máis racista, pero só en apariencia. Da moito que pensar e eu tiven que parar máis dunha vez na lectura para respirar ondo e non gritarlle a uns personaxes imaxinarios... Non estou loca, volo xuro. Só, léedelo con calmiña.


EL GREMIO DE LOS MAGOS. de Trudi Canavan. Este encantoume, é como moi lento pero necesario. Trata dun mundo cheo de maxia pero só uns pouquiños poden usala, e eses teñen por iso como máis poder, trátanlos mellor que ós demais. Vese cómo unha nena pasa de ser nada a selo todo, e nun mundo onde ser muller é bastante peligroso, tamén fala moito das clases sociais e do poder...

Como vedes teño un gusto moi específico, sobre maxia. En fin, espero que vos gusten. Adeus!

Ningún comentario:

Publicar un comentario