expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

luns, 15 de novembro de 2021

15 de Novembro de 2021

Relatos

Boas! Hoxe non teño nada novo que engadir ó blog, polo que estou poñendo uns relatiños que fixen para o instituto o ano pasado. É que o meu instituto é bastante chulo, índa que estea mal que o diga eu, pero a ver ¿cando vichedes que un instituto dera premios ós estudantes por participar en concursos? Pos danme un dineriño para gastar na cafetería se gaño estes concursos que organizan internos. A mín gústame participar, xa que se molestaron en facer algo divertido para todos, pois que menos que esforzarme un chisco e participar. Gústanme os de relatos, pero tamén fannos de fotografías e deseños, esos non gaño ningún, pero coma xa dixen, a mín gústame participar, que é o importante... ejem. 

Aquí vos dexo logo os que fixen para o día das Letras Galegas de 2021, puxeron como condición que tiña que falar da biblioteca do instituto, tamén fixeron concurso de deseño de camisetas, e ese tamén o gañei. Logo fíxome moita ilusión ver a todos os alumnos e profesores co meu deseño na camiseta que as andaban a regalar. E o seguinte fíxeno para Samaín do ano pasado, quedei en segundo lugar pero non me deixaron ver o que sí gañou, só votan e leen as historias os profesores. 

Letras Galegas

O mellor da biblioteca do instituto son os clásicos. Na internet non podes atopar clásicos ben feitos, a xente xa non sabe como traducir ao galego. Non sei como sempre atopo faltas, será problema do meu ollo ou, como non hai que imprimir, non revisan dúas veces, pasaralles en calquera lingua. De calquera xeito, os clásicos débense ler de verdade, en páxinas que cheiren a vello, con anotacións nas marxes de traballos de alumnos que xa terán fillos para cando chegan ás miñas mans. Algún día, os meus netos preguntaranme como eran os libros e direilles que eran como maxia. E direillo en galego, para que o entendan ben.


Castañazo - Samaín

Eu ía pra á casa cando levei un castañazo. Caérame una castaña na cabeza e estiven a punto de tirala, pero non sei por qué non o fixen. Tampouco debería habela aberto, pero parecíame moi lixeira y entroume curiosidade. Abrina, e en vez dunha castaña encontrei un ollo castaño. Asusteime e tireina, cando vin caer un brazo humano diante miña. Podería haber corrido, pero ei miren prarriba. A copa da árbore estaba chea de persoas a partes. Entón algo colleume dos pes, e a árbore enguliume. Alí coas raíces había xa alguén, cun só ollo e guiñoumo. Logo morrín.

E este é o deseño da camiseta, ¿a que mola? Xela Arias foi a homenaxeada ese ano, e tiña este libro titulado NON ME AMOLA, por iso as letras. O diseño escollido foi sobre fondo branco.


En fin, iso é todo. A ver se mañá cóntovos outra cousa. Adeus!

Ningún comentario:

Publicar un comentario