expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

xoves, 11 de novembro de 2021

11 de novembro de 2021

Axenda

Boas! Hoxe traio algo distinto. Non son imaxes técnicamente, pero case. Veredes, para o plan de empresa mándame facer unha imaxe corporativa, e veño a enseñarvola. Ademáis, temos que facer elementos dela, como carta, tarxeta e sobre. Pero eses son aburridos, así que eu fixen una axenda. ¿Qué vos parece? Baseime no sistema Bullet Journal, é como para simplicar as tarefas e manterse organizado. Porque eu coas axendas ou poño cousas no dia que non é porque non me chega o espazo, ou cheo follas en branco de cousas que non clasifica nin entendo logo cando vounas consultar. 
Pois este método o que fai é darte esa liberdade de poñer o que che pete na extensión que precises, pero organizando. A páxina de índice pon só as cousas que veñen xa impresas, pero logo terías 200 páxinas en branco que podes clasificar nunha columna coma esa á dereita. A lenda é para organizar cómo apuntas as cousas, é dicir, esa frase que puxeches, ¿qué ven sendo? Tarefa, recordatorio, idea... Para que sepas o que escribes, que faime moita falta. Os plans son por exemplo para as vacacións ou para actividades concretas. O menú é para cando vaias á cafetería e pidas un croasant, ves o que tes que facer hoxe e o menú, e cambias o crasant por unha mazá. Eu dieta teño, o que pasa é que non me acordo de a teño até que xa comín o croasant ¿sabedes? O de móvete é para unha rutina de exercicios, eu teño varias pero coma todo teño apuntado nunha folla solta que perdo todo o tempo. Logo tamén hay un rexistro de hábitos, como "seguir o menú" e marcas os días que sí cumpriches. A final de mes vese ben qué debes cambiar e qué debes seguir. E por último temos calendarios, os de sempre.





Ese é o diseño, agora o teño en PDF en formato A5, e como teño unha asignatura chamada Postimpresión, penso que vouna imprimir de verdade, probar a impoñer o documento (que case non me acordo de cómo se fai e necesitareino no traballo de fin de curso) e eina de encadernar. Primeiro pensaba facelo en espiral, así cutreiro, pero non me gusta. Creo que eina encadernar medio ben, con costura rústica en cadeneta e tapas duras, o malo é que con tapas duras non se ve de que é a libreta até a abres, así que ei de pensar ben cómo facer iso. Ó mellor podo forrar as tapas con tela branca ou cartolina branca e pintar sobre a portada, iso sí que a faría moi PROPIA, ¿non vos parece?

Aquí o podedes DESCARGAR-AXENDA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario