expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

luns, 18 de outubro de 2021

18 de octubre de 2021

Ola de novo, reportando aquí Gloria, e case vou deixalo aquí porque non me acordo do que fixen sequera. Estou cansa, tedelo en conta. Ah espera, voume acordando. Hoxe ensineille ao profesor de impresión o tema que me encargou vernes, una ilustración que debíamos facer con unha serie de condicións: o tema tiña que ser un barco de papel e nalgures debía ter escrito MAR LIMPO. Tamén tiña que ser a tres cores, pero diso acordei moito máis tarde. Aquí deixo o debuxo, ao profesor gustáralle bastante. 


Non teño idea se podo sequera compartilo, eu penso que so é un exercicio de clase, pero quen sabe. Así que deixo o debuxo con só tres cores aparte por se acaso. Como vedes ten unhas ondiñas e uns cubos de reciclaxe ao fondo, coa letra no medio e medio. Destaca o barquiño ¿verdade? é porque é moi branco, porque pequeno é bastante. En fin. 

Hoxe non fixen debuxos do inktober, a ver se escribo agora algúns dos que teño pendentes. Qué máis. Pasei pola biblioteca, buscando un libro, porque qué máis ia facer na biblioteca, e encontrei un de ilustracións. Eran algo amateurs, se se me entende, teñen un estilo propio, pero molaban bastante. Gustáronme sobre todo porque eran historias pequenas que de algunha maneira se relacionaban entre sí, sen ter elementos así iguais nin nada, autores e ilustradores distintos, pero a historia máis o menos podía encaixarse xunta, ¿sabedes? A ver si podo facer algo parecido un día destes. 

Máis, como vedes pasamonos ao galego. Non é sinxelo, estou pouco afeita, ¿pero o que conta é a intención? Foi idea da miña compañeira. Non matar á mensaxeira. Pero gústame, dalle un toque moi propio. Un efecto propio, se se entende. Jejeje. Deixoo aquí xa, vou escribir outro pouco en outras cousas. 

Espero volver por estes lares pronto. 
Cambio e corto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario